Preto de ti

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSG

Preto de ti

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

John, un limpador de fiestras de 35 anos, dedica a súa vida a criar o seu fillo Michael, un neno de catro anos a quen a súa nai abandonou xusto despois de nacer. Ambos levan unha vida simple, elaborada a través de rituais diarios, nunha relación de amor sen fisuras. Por desgraza, a John só lle quedan uns poucos meses de vida. Dado que non ten familia, decide investir os días que lle quedan en buscar unha nova familia que adopte a Michael co fin de salvar o seu fillo de descubrir a terrible realidade da vida.

Baseado en feitos reais. Un filme de Uberto Pasolini, director de Nunca es demasiado tarde. Impactante e sobrecolledor drama protagonizado por James Norton (Mujercitas) e Eileen O’Higgins (Brooklyn). Presentada no Festival de Venecia (Sección Horizontes) e na Sección Oficial a competición da Seminci (Valladolid), onde gañou o Premio do Público.

  • Título orixinal: Nowhere Special
  • Ano: 2020
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Uberto Pasolini
  • Guión: Uberto Pasolini
  • Elenco: James Norton, Daniel Lamont, Eileen O'Higgins, Chris Corrigan, Valene Kane, Louise Mathews, Keith McErlean, Eddie Mohan, Rhoda Ofori-Attah
  • Montaxe: Masahiro Hirakubo, Saska Simpson
  • Son: Derek Hehir
  • Música: Andrew Simon McAllister
  • Fotografía: Marius Panduru
  • Produtora: Picomedia, Digital Cube, RAI Cinema, Eurimages, Romanian National Center for Cinematography, Northern Ireland Screen (Italia)
  • Distribuidora: A Contracorriente Films
Venecia 2020 (Horizontes), SEMINCI 2020 (Premio do Público), British Independent Film Awards 2021 (Nomeado a mellor actor)