Prisioneros de la tierra
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Prisioneros de la tierra
- Cinema, rexistro vivo da nosa memoria
- Repertorio
- DCP2K
No universo dunha plantación de mate, un capataz sen escrúpulos descobre que un dos traballadores namorou da filla do médico da cidade e desata unha guerra persoal contra el. A tensión medra e os efectos da violencia vólvense irreversibles. O filme foi escollido en numerosas ocasións como un dos mellores da historia do cinema arxentino.
Notas sobre a restauración
Esta película —fito do cinema arxentino— existía unicamente en copias en 16mm. O Museo do Cinema Pablo Ducrós Hicken de Buenos Aires atopou unha copia en 35mm en excelente estado de conservación en Francia, que proviña directamente do negativo orixinal, e outra copia en 35mm na Filmoteca Nacional Checa en Praga. Ambas serviron para realizar a restauración dixital no laboratorio L'Immagine Ritrovata de Bologna, coa colaboración da Film Foundation de Martin Scorsese.
Presenta a arquivista e restauradora Carolina Cappa
- Título orixinal: Prisioneros de la tierra
- Ano: 1939
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Mario Soffici
- Guión: Ulises Petit de Murat, Darío Quiroga
- Elenco: Francisco Petrone, Ángel Magaña, Roberto Fugazot, Homero Cárpena, Raúl De Lange, Elisa Galvé
- Montaxe: Gerardo Rinaldi
- Música: Lucio Demare
- Fotografía: Pablo Tabernero
- Produtora: Pampa Films
- Distribuidora: Museo del Cine de Buenos Aires / Lost & Found