Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#03
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Foco Nouvelle Vague | Curtametraxes#03
- Repertorio
- DCP2K
As viúvas de 15 anos
Les veuves de 15 ans | Jean Rouch | 1966 | 24 min
Jean Rouch observa a vida de dúas mozas na procura do amor e a felicidade na sociedade burguesa parisiense. Aparentemente un documental sobre adolescentes, o filme é máis unha crítica da neglixencia e a superficialidade da mocidade de clase media na década de 1960.
O canto do estireno
Le chant du styrène | Alain Resnais | 1957 | 14 min
Como converter un filme industrial encargado nunha obra mestra lírica e satírica. Cando o xigante dos plásticos de Péchiney pediu ao mozo Alain Resnais que fixera un documental breve e banal sobre o polistireno, "esa materia nobre, enteiramente feita polo home", Resnais sentiu unha relación entre o verso alexandrino e CinemaScope. O que entregou foi un filme totalmente surrealista.
Janine
Maurice Pialat | 1961 | 17 min
Dous homes fanse amigos nun café de París. O máis novo confesa que acaba de estar cunha prostituta da que cre estar namorado. O outro conta que está divorciado, ten unha filla pequena e adoitaba golpear á súa esposa, que agora é unha exitosa "muller de negocios". Aínda non se decatan de que de están a falar da mesma muller: Janine.
Á memoria do rock
À la mémoire du rock | François Reichenbach | 1963 | 11 min
La mocidade dos sesenta desátase no rock'n'roll durante os primeiros grandes concertos en Francia en 1961. Entre as estrelas: Johnny Hallyday, Eddy Mitchell e Vince Taylor.
- Título orixinal: Foco Nouvelle Vague | Cortometrajes#03
- Duración: 66 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jean Rouch, Alain Resnais, Maurice Pialat, François Reichenbach
- Distribuidora: Proserpa