Programa de curtas españolas

  • Estrea

Programa de curtas españolas

Eusebio, el americano

Ruth Somalo | 2015 | 12 min.

Retrato etnográfico da exhumación dos restos do avó da autora. Situado nun pequeno cemiterio no norte de España, a súa historia está narrada polo pai de Ruth Somalo con matices poéticos e imaxes de arquivo, e unha canción pop que influíu na súa comprensión da morte mentres Ruth se criaba en España.

Intimidad

Antonio Labajo | 2014 | 46 min.

Antonio e Blanca son unha parella común, que habitan nunha das cidades máis castigadas pola crise, Cádiz. Eles teñen a esperanza e as ansiedades propias dos tempos que lles tocou afrontar, no momento máis difícil das súas vidas. Tentan sobrevivir a duras penas vivindo ao día, pero o reto máis grande é superar a crise de parella que provoca esta situación. Durante dous anos foron un matrimonio de tres, el, ela e a cámara.

Ihesa

Alejandro Díaz | 2014 | 16 min.

Cando Maitane avisa ao seu marido Iosu de que na cociña hai unha pingueira procedente do piso de arriba, este decide subir para expor a cuestión aos seus veciños. Pero a visita depararalle sorpresas inesperadas.

  • Título orixinal: Programa de curtas españolas