Punku
- Estrea
- DCP2K
- VO
Punku
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Na selva peruana, Meshia, unha adolescente matsigenka, atopa a Iván, un mozo desaparecido hai dous anos. Tras levalo ao hospital e reunilo coa súa familia, é acollida por eles e comeza a traballar no seu bar. Nesa nova contorna, Meshia enfróntase a un mundo de desexo, violencia e hipocrisía, mentres Iván, marcado polo silencio e por visións estrañas, tenta recompoñerse. En Punku (“porta” cun matiz metafísico en quechua), J.D. Fernández Molero retrata con lirismo e tensión a mocidade peruana entre a tradición e o capitalismo contemporáneo.
J. D. Fernández Molero é un cineasta, produtor e montador peruano. A súa filmografía inclúe Reminiscencias (2010), presentada no ciclo Luns Modernos do MoMA en 2011, e Videofilia (y otros síndromes virales), gañadora do premio Tigre no Festival de Rotterdam en 2015 e candidata de Perú aos Óscar na súa 89ª edición. Punku (2025) é a súa segunda longametraxe de ficción.
- Título orixinal: Punku
- Ano: 2025
- Duración: 132 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Juan Daniel Fernández Molero
- Guión: Juan Daniel Fernández Molero
- Elenco: Ricardo Delgado, Hugo Sueldo, Maritza Kategari, Marcelo Quino
- Montaxe: Juan Daniel Fernández Molero
- Fotografía: Johan Carrasco
- Produtora: Verónica Ccarhuarupay, Juan Daniel Fernández Molero (Perú)