O reposteiro de Berlín

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

O reposteiro de Berlín

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Thomas, un talentoso pasteleiro de Berlín, ten un romance con Oren, un mozo israelí que visita decote a cidade por negocios. Cando Oren falece nun accidente de tráfico, Thomas viaxa a Xerusalén en busca de respostas. Cunha identidade falsa, vaise introducindo na vida de Anat, a viúva do seu amante, que goberna un pequeno café kosher no centro da vila. Thomas comeza a traballar para ela facendo tortas e outros dóces que comezan a darlle de novo vida ao local, aínda que pasará pouco tempo antes de que se vexa enleado na vida de Anat dun xeito moi diferente ao previsto. Para protexer a verdade, deberá prolongar a mentira até un punto de non retorno.

  • Título orixinal: The Cakemaker
  • Ano: 2017
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Hebreo, Inglés
  • Dirección: Ofir Raul Graizer
  • Guión: Ofir Raul Graizer
  • Elenco: Zohar Shtrauss, Sarah Adler, Tim Kalkhof, Roy Miller, Stephanie Stremler
  • Montaxe: Michal Oppenheim
  • Dirección de arte: Daniel Kossow, Yael Bibelnick
  • Vestiario: Lilu Goldfine
  • Música: Dominique Charpentier
  • Fotografía: Omri Aloni
  • Produtora: Film Base (Berlín), Laila FIlms (Israel)
  • Distribuidora: Karma Films
Karlovy Vary 2017 (Sección oficial), Donostia 2017 (Culinary Cinema), Palm Springs 2017 (Sección oficial), FICGuadalajara 2017 (Sección oficial)