Retrospectiva Kleber Mendonça Filho: O som ao redor
- Os ollos verdes
 - DCP2K
 - VOSE
 
Retrospectiva Kleber Mendonça Filho: O som ao redor
- Os Ollos Verdes. O cinema inédito de NUMAX 19/20
 - Os ollos verdes
 - DCP2K
 
Os habitantes dun barrio da cidade brasileira de Recife séntense inseguros e contratan unha empresa que os protexa. Esta incursión, que pretende loitar contra a desconfianza instalada entre os membros dunha comunidade relativamente tranquila, altera a vida das súas rúas, aínda que a cotiandade pronto atopa o seu rumbo. Unha nai nova con dous fillos non atura os ladridos do can da casa do lado, un mozo namorado intenta descubrir quen roubou o coche da súa amada, un delincuente de medio pelo pretende limpar a súa imaxe, mentres un home acomodado aspira a protexer os seus bens e unha asistenta goza, no mellor sentido, da situación. Esta primeira longametraxe do realizador brasileiro Kleber Mendonça Filho percorre a través dos sons, do interior e do exterior dunhas paredes e unhas portas que illan aos individuos, as relacións entre as persoas e o como sobrevivir á súa existencia.
- Título orixinal: O som ao redor
 - Ano: 2012
 - Duración: 131 minutos
 - Idioma orixinal: Portugués
 - Dirección: Kleber Mendonça Filho
 - Guión: Kleber Mendonça Filho
 - Elenco: Irandhir Santos, Gustavo Jahn, Maeve Jinkings, Waldemar José Solha, Irma Brown, Lula Terra, Yuri Holanda, Clébia Souza
 - Montaxe: João Maria, Kleber Mendonça Filho
 - Dirección de arte: Thales Junqueira
 - Son: Kleber Mendonça Filho
 - Música: DJ Dolores
 - Fotografía: Pedro Sotero, Fabricio Tadeu
 - Produtora: CinemaScópio (Brasil)
 - Distribuidora: Vitrine Filmes