Rewend - Mostra de cinema kurdo
- Os ollos verdes
- DCP2K
- VOSE
Rewend - Mostra de cinema kurdo
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 2022
- Os ollos verdes
- DCP2K
Sesión dedicada ao traballo de produción, educación e difusión de filmes da Comuna Cinematográfica de Rojava, en Siria. Contaremos coa presenza online do director Sêro Hindî.
SHADOW OF THE KURDISH MOUNTAIN
Sîka Çiya yê Kurmênc |Azad Evdikê | 2018 | 22:00 | Federación del Noreste de Siria-Rojava | DOC | COR
O director e fotógrafo Azed Evdikê, de Serêkaniyê, estaba en Afrin uns días antes do ataque turco á cidade. Chegara cunha caravana de artistas para preparar unha semana de actividades culturais que debía celebrar a convivencia en paz de moitas nacións, linguas e culturas da cidade. A semana da arte nunca se celebrará. Azad vivie e relata en directo as horas que precederon á invasión dos turcos e os seus aliados jihadistas e a fuxida de decenas de miles de persoas obrigadas a abandonar as súas casas para fuxir da masacre dos ocupantes.
LOVE IN THE FACE OF GENOCIDE
Evîn Di Rûyê Qirkirinê De | Sêro Hindî (Shero Hinde) | 2021 | 52:00 | Federación del Noreste de Siria-Rojava, Siria | DOC | COR
A illada terra dos yazidíes nas montañas de Shengal enfrontouse a máis de 74 masacres ao longo da historia. As máis atroces foron levadas a cabo polo Estado Islámico no 2014. Love in the Face of Genocide (O amor fronte ao xenocidio) explora o impacto do sufrimento, a relixión e a diferenza cultural nas cancións de amor en Shengal, e documenta como os yazidíes protexen o seu legado, e contan as súas historias de amor e dor a través das cancións de superviviencia. Os Dengbêj son poetas e bardos kurdos: narradores cantores que transmiten de xeración en xeración relatos que doutro xeito se perderían no tempo. Cantadas comunmente sen ningún acompañamento musical, as cancións abarca una variedade de temas profundos que inclúen o amor, a guerra, a familia, as cancións de cuna, as viaxes e outras experiencias. Os kurdos yazidíes históricamente perseguidos, manteñen este medio de comunicación e patrimonio artístico nun intento de documentar as súas historias para as xeracións futuras.
- Título orixinal: Rewend
- Idioma orixinal: Árabe
- Dirección: VVAA