Cineuropa 2021 - Ripples of Life

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2021 - Ripples of Life

Dividida en tres episodios, Ripples of life acompaña un equipo de cinema que chega á remota cidade de Yong’ an, un enclave que loita por mellorar o seu atractivo turístico. A súa chegada xera unha onda de optimismo en Gu, a propietaria dun restaurante local que soña con cambiar de vida; e a emoción da veciñanza, xa que a estrela do filme, Chen, é orixinaria de alí. Pero non todo é precisamente harmónico no seo do equipo. A poucos días de iniciar a rodaxe, as tensións medran entre o director e o guionista, que manteñen un interminable debate que abrangue desde o cinema até a vida.  

Aínda que o filme parte cunha intención de poñer o foco nalgúns clixés do mundo do cinema independente chinés, aos poucos vaise volvendo máis intimista para falar do mesmo cinema, de entendelo e de lograr unha empatía con estes personaxes que no final de contas andan na procura de si mesmos a través das historias que interpretan. Todos os personaxes semellan resignados á idea de non ser quen de cumprir os seus soños, mais o cinema e a capacidade de creación son o seu modo de redención.

Shujun Wei (China, 1991)
Graduouse na Universidade de Comunicación de China, con especialización en Dirección e Enxeñería de Son. A súa curtametraxe de posgrao On the border foi premiada no festival de cinema de Cannes en 2018. En 2020 estreou a súa ópera prima: Striding Into the wind. Ripples of life é a súa segunda longametraxe.

  • Título orixinal: Ripples of Life
  • Ano: 2021
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Chinés
  • Dirección: Shujun Wei
  • Guión: Shujun Wei, Chunlei Kang
  • Montaxe: Matthieu Laclau
  • Fotografía: Wang Jiehong
  • Produtora: Xufeng Huang, Ying Liang