Romería

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VO

Romería

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16

Marina (18), adoptada desde moi pequena, viaxa a Vigo para se encontrar por vez primeira coa familia de seu pai biolóxico. A súa chegada trae de volta un pasado xa soterrado. Guiada polo diario de súa nai e a través dunha conexión especial co seu novo curmán, Marina descubrirá as feridas familiares e poderá por fin revivir a memoria fragmentada duns pais dos que apenas ten recordos.

Na matinal do sábado 20 de setembro organizaremos unha Sesión Adaptada do filme na que garantimos unha proxección cun volume máis baixo do habitual, unha luz tenue e na que o aforo da sala estará limitado a 40 butacas. Estas sesións son abertas para todo tipo de público. O volume encóntrase dentro dos umbrais recomendados para crianzas o que facilita a asistencia de familias con bebés e outras persoas que precisen destas condicións.

  • Título orixinal: Romería
  • Ano: 2025
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Carla Simón
  • Guión: Carla Simón
  • Elenco: Llúcia Garcia, Mitch, Tristán Ulloa, Celine Tyll, Miryam Gallego, Janet Novás
  • Montaxe: Ana Pfaff, Sergio Jiménez
  • Dirección de arte: Eloy Calvo
  • Vestiario: Anna Aguilà
  • Son: Eva Valiño
  • Música: Ernest Pipó
  • Fotografía: Hélène Louvart
  • Produtora: Elastica Films, Ventall Cinema, Dos Soles Media, Movistar Plus+, RTVE, 3Cat, ZDF/Arte (España)
  • Distribuidora: Elástica Films
Cannes 2025 (Sección Oficial)