Ronsel de futuro
- Estrea
- DCP2K
- VO
Ronsel de futuro
- Estrea
- DCP2K
Braulio, artista interdisciplinar, acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Co obxectivo de liberarse da súa condena acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi particular faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística, como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio. Un ronsel de futuro trata de achegar, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, pertencentes á Deputación de Lugo.
- Título orixinal: Ronsel de futuro
- Ano: 2021
- Duración: 66 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Rubén Pérez, Brian Rodríguez