Cineuropa 2021 - La salamandre / A salamandra
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Cineuropa 2021 - La salamandre / A salamandra
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
Para Alain Tanner A salamandra significou a sona internacional e o seu primeiro triunfo público. A película foi presentada no Festival de Cannes en 1971, na sección Quincena dos Realizadores, e impuxo definitivamente no mundo o ton e o vigor corrosivo do novo cinema suízo, con Tanner como director emblemático. O guión do filme ten como punto de partida a experiencia do cineasta como xornalista de televisión entre 1965 e 1968. A salamandra abre cunha sucesión de imaxes enigmáticas, como as que se utilizan nas reconstrucións televisivas de hoxe: un home limpa o seu fusil, sae o disparo; aparece furtivamente o rostro dunha muller. Que pasou? Esa apertura-misterio sérvelle de pretexto a Tanner para desenvolver un argumento metafórico: dous homes, un xornalista e un escritor, comezan unha investigación para descubrir a verdade sobre esa muller. Cada un emprega as súas propias armas: un, a investigación documental; o outro, a imaxinación sen límites. Pero aos poucos as xestións de ambos resultan vas. Efectivamente, o encontro co seu personaxe, Rosemonde, arruinará o seu esforzo por achar a verdade, e xorde un trío de personaxes libres e críticos que substitúe o exercicio frío e laborioso da verdade. A beleza da película radica na súa capacidade para dar un sentido sen subliñar a mensaxe: a realidade prevalece sobre o esforzo por aferrala, unha verdade de todo o cinema moderno desde O cidadán e A salamandra é unha resposta suíza a este filme. Interpretada por Buller Ogier, Rosemonde é unha encarnación definitiva da liberdade de ser post-68. (Frédéric Bas)
- Título orixinal: La salamandre
- Ano: 1971
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Alain Tanner
- Guión: Alain Tanner
- Elenco: Bulle Ogier, Jean-Luc Bideau, Jacques Denis, Véronique Alain, Marblum Jequier, Marcel Vidal
- Montaxe: Brigitte Sousselier, Marc Blavet
- Fotografía: Sandro Bernardoni, Renato Berta
- Produtora: Alain Tanner, Gabriel Auer