Curtocircuíto 2015<br>Púlsar: João Salaviza

  • Estrea

Curtocircuíto 2015<br>Púlsar: João Salaviza

  • Estrea

MÉRCORES 7 DE OUTUBRO — 22:00

PÚLSAR — João Salaviza 1

Strokkur

João Salaviza | 2011 | Portugal | 07:16 | DOC, EXP | B/W

Ao comezo, a idea era crear algo a partir da nada, nun lugar neutro e descoñecido. Coleccionar imaxes e sons en lugar de producilos. A cámara, o micrófono e o mini-amplificador: ferramentas que quitan e despois dan. Establecimos unha regra: o son non debe de ilustrar a imaxe e a imaxe non debe de absorber o son. A menos de cen quilómetros de Reiquiavik atopamos Strokkur, unha cicatriz na Terra que se nega a curar e brota do máis profundo.

Produción: Curtas Metragens C.R.L.

Distribución: Agência da Curtametragem | [email protected] | +351 252 646683

Arena

João Salaviza | 2009 | Portugal | 15:52 | FIC | COL

Mauro está en arresto domiciliario. As tatuaxes axúdano a pasar o tempo. Tres nenos da zona mófanse del pola ventá. Fóra, o sol de mediodía pega con forza.

Produción: FILMES DO TEJO II

Distribución: Agência da Curtametragem | [email protected] | +352 252 646683

Rafa

João Salaviza | 2012 | Portugal | 20:00 | FIC | COL

Pola mañá cedo, Rafa descobre que detiveron á súa nai, Ana, e convence a un amigo de que o leve a Lisboa cruzando a ponte para agardar alí a que a liberen.

Produción: FILMES DO TEJO II, LES FILMS DE L'APRÈS-MIDI

Distribución: Agência da Curtametragem | [email protected] | +352 252 646683

Cerro Negro

João Salaviza | 2009 | Portugal | 21:53 | FIC | COL

De madrugada, de volta á casa despois do traballo, Anajara prepara ao seu fillo Iuri para ir visitar ao seu pai no cárcere, pero el non quere ir. Déixao coa veciña, Rosa, e vai visitar ao seu home, Allison.

Produción: FILMES DO TEJO II

Distribución: Agência da Curtametragem | [email protected] | +352 252 646683

VENRES 9 DE OUTUBRO — 20:00

PÚLSAR — João Salaviza 2

Montanha

Montaña

João Salaviza | 2015 | Portugal | 1:31:00 | FIC | COL

Un caloroso verán en Lisboa, David, de 14 anos, agarda a morte inminente do seu avó mais négase a visitalo, xa que teme a terrible perda. Súa nai, Mónica, pasa as noites no hospital. O espazo que xa deixou o seu avó obriga a David a converterse no home da casa.

Produción: Les films de L'apresmidi, Filmes do Tejo II

Distribución: Pyramide International | [email protected]

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2015<br>Púlsar: João Salaviza