Sesión de curtametraxes sociais 1

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Sesión de curtametraxes sociais 1

  • Estrea
  • DCP2K

Ava Kuña, Aty Kuña. Mulher indígena, mulher política (Guilherme Augusto Sai, Brasil & Fabi Medina, 25')
Rexistro do Kuñangue Aty Guasu, a grande asemblea de mulleres indíxenas Kaiowá e Guaraní que tivo lugar na cidade de Amambaí, en Mato Grosso do Sul, en xullo de 2018. O documental visibiliza a loita das mulleres indíxenas contra o patriarcado, o racismo e o auxe do capital transnacional que, a través dos transxénicos e a contaminación, poñen en risco o futuro das comunidades indíxenas.

Siluetas de agua (Violeta Paus, Chile, 30')
A sequía e a contaminación polos verquidos das industrias nas chamadas "zonas de sacrificio" deron lugar a importantes conflitos arredor da auga nas últimas décadas en Chile. A partir do testemuño de tres mulleres do rural chileno, o documental analiza os modelos capitalistas e extractivistas como xeradores de desigualdade e inxustiza.

¿Dónde estabas tú? (María Trénor, España, 19')
Curtametraxe de animación que nos interpela directamente arredor dunha problemática transversal e universal como é a violencia de xénero. A partir de tres relatos reais a cargo de mulleres que contan diferentes episodios de violencia patriarcal, a directora elabora unha coidada animación en 2D que ilustra e acompaña os testemuños procedentes de España, Mozambique e Filipinas.

Coloquio final con Guilherme Augusto Sai e Fabi Medina, director e directora de Ava Kuña, Aty Kuña. Mulher indígena, mulher política

Filmes do ciclo COMPOSTELA +SOLIDARIA.
Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).

  • Título orixinal: Sesión de curtametraxes sociais 1
  • Duración: 74 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: VV.AA.