Sesión de curtametraxes sociais 2

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Sesión de curtametraxes sociais 2

  • Estrea
  • DCP2K

El centinela de piedra (Ana L'Homme, Chile, 28')
Partindo da lenda do centinela de pedra do Monte Aconcagua, a narradora viaxa a través dun val chileno, historicamente fértil, que hoxe está seco e vai entrevistando a persoas que develan algunhas causas desta situación. Mentres, vaise organizando a rebelión social chilena de 2019. Cun ton poético, o filme denuncia como as grandes corporacións e os latifundistas esquilman os acuíferos, condenando á desaparición aos habitantes da zona.

Águilas (Maite Zubiaurre & Kristy Guevara - Flanagan, México-EEUU, 14')
As Aguias do Deserto son unha organización que busca e auxilia os migrantes perdidos nas desérticas fronteiras entre México e os Estados de California e Arizona. As desigualdades Norte-Sur materialízanse nestas partidas de rescate que van encontrando ósos e restos humanos neste árido territorio.

Bocamina (Miguel Hilari, Bolivia, 22')
Multipremiado documental que viaxa ao Cerro Rico de Potosí, en Bolivia, introducíndose no interior da mina pero tamén na vida en superficie, onde crianzas e adolescentes dialogan co director sobre fotografías antigas e imaxes da mina. Son realmente imaxes doutros tempos?

Coloquio final con Ana L'Homme e Eduardo Fuenzalida, da curtametraxe El centinela de piedra

Filmes do ciclo COMPOSTELA +SOLIDARIA.
Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).

  • Título orixinal: Sesión de curtametraxes sociais 2
  • Duración: 64 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: VV.AA.