De Lugares e órganos: Shoes (1916) | Cinema mudo e música ao vivo
- Estrea
- DCP 2K
- TP
- VOSG
De Lugares e órganos: Shoes (1916) | Cinema mudo e música ao vivo
- Estrea
- DCP 2K
- TP
Shoes (1916) é un drama de cinema mudo dirixido por Lois Weber, unha das directoras máis salientables da historia do cinema. Traballou para a Universal, estudios nos que gozaba de gran respecto, e dirixiu máis de sesenta longametraxes, nas que destaca a súa valentía á hora de abordar asuntos como a pena de morte, o aborto, a prostitución ou a emancipación da muller, temas tabú na súa época. Shoes está protagonizado por Mary MacLaren, que encarna a Eva Mayer, unha muller nova que traballa nun establecemento comercial para sustentar a súa familia e que accede a ter relacións sexuais cun home para poder mercar uns zapatos.
Como acontecía nos “vellos tempos”, o filme estará acompañado de música ao vivo, nun xogo de improvisación produto do traballo conxunto de dous músicos: Álex Salgueiro, órgano Hammond, e Rafa Fernández, guitarra eléctrica. Rememoraremos á vez o papel que o órgano xogou tamén nas primeiras etapas da sétima arte a través do chamado órgano de cinema, un poderoso instrumento do que dispuñan só algunhas salas, e que permitía xerar melodías e, ao tempo, diferentes efectos sonoros, e no que o instrumentista adoitaba estar situado diante do patio de butacas, mirando a pantalla, nunha consola colorista e con iluminación moi fantasiosa.
- Título orixinal: Shoes
- Ano: 1916
- Duración: 50 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Lois Weber
- Guión: Lois Weber, Stella Wynne Herron. Novela: Jane Addams
- Elenco: Mary MacLaren, Harry Griffith, Mattie Witting, Jessie Arnold, William V. Mong, Lina Basquette, Violet Schram
- Fotografía: King D. Gray, Stephen S. Norton, Allen G. Siegler (B&W)
- Produtora: Universal Pictures
- Distribuidora: Penteo