Stop Making Sense
- Repertorio
- DCP4K
- VOSE
Stop Making Sense
- Repertorio
- DCP4K
Stop Making Sense é unha cita musical e cinematográfica que reúne os Talking Heads, unha das mellores bandas da historia, e o reputado director Jonathan Demme, gañador do Oscar a Mellor Director.
Trátase dunha reestrea en cinemas do que é considerado o mellor "concert film" da historia e que a prestixiosa produtora A24 resucitou para reivindicar a incónica banda. Estreada en 1984, o director filmou con sete cámaras e durante catro noites os concertos da banda composta por David Byrne, Tina Weymouth, Chris Frantz e Jerry Harrison no Teatro Pantages de Hollywood Boulevard no Nadal de 1983.
- Título orixinal: Stop Making Sense
- Ano: 1984
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Jonathan Demme
- Guión: Jonathan Demme
- Participación: David Byrne, Tina Weymouth, Chris Frantz, Jerry Harrison
- Montaxe: Lisa Day
- Vestiario: Gail Blacker, Laura Langdon
- Son: Alan Chinowsky
- Música: Talking Heads
- Fotografía: Jordan Cronenweth
- Produtora: Talking Heads Films (EEUU)
- Distribuidora: Elástica