Suc de síndria + 16 de decembro

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Suc de síndria + 16 de decembro

  • Estrea
  • DCP2K

Suc de síndria | Irene Moray | 16 min | 2019
Con Elena Martín e Marc Grosse
Bárbara e Pol marchan uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos queren pasalo ben e á súa vez atopar un espazo tranquilo onde poder gozar da súa intimidade. Co apoio de Pol, en medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara sanará vellas feridas e redefinirá a súa sexualidade.

16 de decembro | Álvaro Gago | 14 min | 2019
Con Cris Iglesias, Javier Valcarce, Fran Pérez, Diego Abal, Ruth Boente, Martín Duplá
Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vintecinco anos, sae de adestrar balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

A sesión contará con presentación e coloquio do director Álvaro Gago e a actriz Cris Iglesias.

  • Título orixinal: Suc de síndria + 16 de decembro
  • Dirección: VV.AA.
  • Distribuidora: Marvin & Wayne (España)