Surname Viet Given Name Nam

  • Repertorio
  • Dixital
  • VOSE
  • Recollida de convites desde o sábado 23 de marzo na billeteira de NUMAX
    • Sesión gratuita

Máis sesións

Surname Viet Given Name Nam

Documental centrado na realidade vietnamita vista a través das vidas e da historia de mulleres en Vietnam e Estados Unidos, desenvolvendo preguntas sobre a identidade, a memoria popular e a cultura. Trinh T. Minh-ha emprega a danza, as imaxes de arquivo, texto e a palabra para realizar diferentes retratos de mulleres. O filme desafía a cultura oficial con estas testemuñas, explorando a dificultade da tradución e os temas de dislocación e do exilio, criticando tanto á sociedade tradicional como á vida desde a guerra, e expoñendo cuestións sobre a implicación política de entrevistar e documentar.

Sesión incluída na sección Impropias. Etnografía,  muller e cinema, programada por Margarita Ledo e Marta Pérez Pereiro dentro da 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

  • Título orixinal: Surname Viet Given Name Nam
  • Ano: 1989
  • Duración: 108 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Trinh T. Min-ha
  • Guión: Trinh T. Min-ha
  • Fotografía: Kathleen Beeler
  • Distribuidora: MICE