Cineuropa 2022 - Tengo sueños eléctricos

  • Estrea
  • DCP2K
  • VE

Cineuropa 2022 - Tengo sueños eléctricos

Eva non atura que a súa nai queira reformar a casa e desfacerse do gato, que, desorientado desde o divorcio, ouriña por todas partes. Quere marchar e vivir co pai, que, desorientado tamén coma o gato, está a vivir unha segunda adolescencia. Eva segue sen rumbo o seu pai mentres tenta reconectar co seu desexo de se converter en artista e volver atopar o amor. Mais, como alguén que cruza un océano de adultos sen saber nadar, Eva tamén descubrirá a carraxe que a corroe, e que, sen sabelo, herdou del.

  • Título orixinal: Tengo sueños eléctricos
  • Ano: 2022
  • Duración: 101 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Valentina Maurel
  • Elenco: Reinaldo Amien Gutiérrez, Daniela Marín Navarro, Vivian Rodríguez, José Pablo Segreda Johanning
  • Montaxe: Bertrand Conard
  • Fotografía: Nicolas Wong
  • Produtora: Wrong Men / Wrong Men North, Geko Films, Tres Tigres Films
Mellor dirección, actriz e actor no Festival de Locarno 2022 Mellor película latinoamericana no Festival de San Sebastián 2022