The Florida Project

  • Estrea
  • DCP4K
  • 16
  • VOSE

The Florida Project

  • Estrea
  • DCP4K
  • 16

Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando (Florida), no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un pai é Bobby, o xerente do motel, un home cauto e dilixente que se mofa das pallasadas dos nenos. Halley perdeu o seu traballo, e outra nena da mesma idade que Moonee acaba de mudarse ao motel do lado. Promete ser un verán inesquecíbel.

  • Título orixinal: The Florida Project
  • Ano: 2017
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Sean Baker
  • Guión: Sean Baker, Chris Bergoch
  • Elenco: Willem Dafoe, Brooklynn Prince, Bria Vinaite, Caleb Landry Jones, Mela Murder, Valeria Cotto, Christopher Rivera, Macon Blair, Sandy Kane, Karren Karagulian
  • Montaxe: Sean Baker
  • Dirección de arte: Alexandra Tibbe
  • Vestiario: Fernando Rodriguez
  • Son: Mark Weber
  • Música: Lorne Balfe
  • Fotografía: Alexis Zabe
  • Produtora: Cre Film, Freestyle Picture Company, June Pictures (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Diamond Films
Globos de Ouro 2018 (Nomeado a mellor actor de reparto —Willem Dafoe—), BAFTA 2017 (Nomeado a mellor actor secundario —Willem Dafoe—), American Film Institute (Top 10 mellores filmes do ano), Gotham 2017 (Nomeado a mellor filme, actor, actriz novel e premio do público)