O neno (The kid)
- Estrea
- DCP2K
- TP
- VOSE
O neno (The kid)
- Estrea
- DCP2K
- TP
Con algo de desgana, o vagabundo Charlot adopta un neno de 6 anos abandonado. Non tarda en collerlle cariño e ensinarlle algunhas técnicas esenciais de supervivencia na rúa. Co tempo os dous forman un grande equipo. Pero un día o neno enferma e os servizos sociais tratan de arrebatar a custodia a Charlot.
Primeira longametraxe de Chaplin e primeira das súas achegas ao inventario de grandes obras da historia do cinema. Unha das máis puras expresións da súa arte por varias razóns: polo uso do seu inmortal personaxe Charlot, polos seus brillantes gags visuais e pola súa preocupación -á vez comprometida e cómica- polas inxustizas sociais.
Restauración en 4K no 100 aniversario da estrea do filme
- Título orixinal: The kid
- Ano: 1921
- Duración: 53 minutos
- Idioma orixinal: Sen idioma
- Dirección: Charles Chaplin
- Guión: Charles Chaplin
- Elenco: Charles Chaplin, Jackie Coogan, Edna Purviance
- Montaxe: Charles Chaplin
- Dirección de arte: Charles D. Hall
- Música: Charles Chaplin
- Fotografía: Roland Totheroh
- Produtora: Charles Chaplin Productions
- Distribuidora: A Contracorriente