The Reflecting Skin / A pel que brilla
- Repertorio
- VOSE
Proximamente
The Reflecting Skin / A pel que brilla
- Cineuropa 2026
- Repertorio
Nunha comunidade rural de Idaho nos anos cincuenta, Seth Dove, un neno de oito anos fascinado polas historias de vampiros, vive nun ambiente familiar marcado pola violencia e o medo. Cando varios nenos desaparecen en circunstancias misteriosas, Seth comeza a sospeitar que Dolphin Blue, unha viúva solitaria que vive preto da súa casa, é unha vampira. O regreso do seu irmán maior, Cameron, complica aínda máis a situación.
- Título orixinal: The Reflecting Skin
- Ano: 1990
- Duración: 95 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Philip Ridley
- Guión: Philip Ridley
- Elenco: Viggo Mortensen, Lindsay Duncan, Jeremy Cooper, Sheila Moore, Duncan Fraser
- Montaxe: Scott Thomas
- Fotografía: Dick Pope
- Produtora: Dominic Anciano, Ray Burdis, Jim Beach, Les Kimber, Diane Roberts
Sitges 1990 (Mellor Actriz -Lindsay Duncan-, Mellor Fotografía)
Locarno 1990 (Leopardo de Prata, Premio FIPRESCI, Premio CICAE)