Trabalho de actriz, trabalho de actor

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Trabalho de actriz, trabalho de actor

Entre setembro do 2008 e abril do 2010, Rita Blanco, Anabela Moreira, Vera Barreto, Cleia Almeida, Rafael Morais, Marcello Urgeghe, Beatriz Batarda, Nuno Lopes, Teresa Madruga, Wilma de Brito e João Canijo –elenco e director de Sangue do meu sangue– traballaron xuntos na creación dos personaxes, na historia e mais no guión do que un día se convertería na nova película de Canijo.

As longas xornadas de debate, discusión, ensaios, os diálogos inventados, anotados, borrados, reescritos… todo está aquí, incluídas, na súa forma final, tres das escenas principais de Sangue do meu sangue. O rexistro minucioso de métodos e procesos creativos permite iluminar en dúas direccións a comprensión da película: o traballo dos intérpretes e o do cineasta mesmo.

  • Título orixinal: Trabalho de actriz, trabalho de actor
  • Ano: 2011
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: João Canijo
  • Elenco: Rita Blanco, Anabela Moreira, Vera Barreto, Cleia Almeida, Rafael Morais, Marcello Urgeghe, Beatriz Batarda
  • Montaxe: João Braz
  • Fotografía: João Canijo, Patrick Mendes
  • Produtora: Midas Filmes (Pedro Borges)