Tres cores: Azul
- Repertorio
- DCP2K
- +12
- VOSE
Tres cores: Azul
- Repertorio
- DCP2K
- +12
Nun accidente de coche, Julie perde ao seu marido Patrice, un prestixioso compositor, e á súa filla Anna. Ao recuperarse das súas lesións, decide comezar unha nova vida, independente, solitaria e anónima, arredada dos privilexios que antes gozaba. Olivier, o axudante de Patrice, tenta sacala do seu illamento. Olivier está namorado dela desde hai moitos anos e acaba convencéndoa para que termine o Concerto para Europa, unha ambiciosa obra inacabada de Patrice.
- Título orixinal: Trois couleurs: Bleu
- Ano: 1993
- Duración: 98 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Krzysztof Kieslowski
- Guión: Krzysztof Piesiewicz, Krzysztof Kieslowski
- Elenco: Juliette Binoche, Benoît Régent, Florence Pernel, Charlotte Vêry, Hélène Vincent, Philippe Volter, Claude Duneton, Emmanuelle Riva
- Montaxe: Jacques Witta
- Dirección de arte: Michel Charvaz
- Vestiario: Naima Lagrange, Virginie Viard
- Son: Claire Bez, Bertrand Lenclos
- Música: Zbigniew Preisner
- Fotografía: Slawomir Idziak
- Produtora: MK2 Productions, France 3 Cinéma, CED Productions (Francia), CAB Productions (Suíza), Zespol Filmowy (Polonia)
- Distribuidora: Wanda Films
Venecia 1993, mellor filme, dirección e fotografía. César 1994, mellor actriz, montaxe e son. Goya 1994, mellor filme europeo.