Tres duelos cinematográficos: José Luis Guerín
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Tres duelos cinematográficos: José Luis Guerín
- Repertorio
- DCP2K
O cineasta barcelonés José Luis Guerín programa e presenta unha sesión composta por tres das súas últimas curtametraxes baixo o título conxunto de Tres duelos:
Recuerdos de una mañana | Memories of a Morning | Corea do Sur | 2011 | 47 min
Recén mudado a un apartamento do Ensanche barcelonés, adoptei o costume de gravar con certa regularidade as follas da árbore que enmarcaba a miña ventá. A través destas imaxes, desprovistas doutra intención que non fose a de observar e acompañar os cambios estacionais, fun tomando conciencia das presenzas que regularmente se vislumbraban tras a ramaxe, na fachada oposta. De entre elas resultaba chamativa a figura dun mozo que tocaba a viola no balcón. Os seus exercicios musicais supuñan unha presenza cotiá e familiar para os veciños, que se referían a el como "o violinista". Ao coñecer o seu tráxico final e a consternación que supuxo para o vecindario, decidín recuperar aquelas imaxes azarosamente capturadas ao fío das estacións.
Carta nº3: De las correspondencias con Jonas Mekas | España / Francia | 2011 | 9 min
A noticia do asasinado da crítica Nica Bohinc chegoume cando levaba a cabo un intercambio de cartas cinematográficas co cineasta Jonas Mekas. Xurdiu daquela a necesidade case terapéutica de dedicarlle esta carta número 3 que alterou o desenvolvemento posterior da nosa correspondencia.
For Heddy | Holanda | 2020 | 5 min
A miña amiga e cineasta Heddy Honigman, sabendo o seu próximo fin, pediume unha pequena curta a xeito de agasallo que se integraría na súa longametraxe-testamento "Non hai camiño". O título da peza viña dado: "For Heddy" e non debía superar os cinco minutos de duración.
- Título orixinal: Tres duelos cinematográficos: José Luis Guerín
- Ano: 2011
- Duración: 61 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: José Luis Guerín
- Distribuidora: Los Films de Orfeo