Un'ora sola ti vorrei
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Un'ora sola ti vorrei
- MICE 2021
- Estrea
- DCP2K
A nostalxia e o recordo son os sentimentos sobre os que se constrúen Un’ora sola ti vorrei. En ton de documental, Alina Marazzi emprega as secuencias gravadas polo seu propio avó para reconstruír o recordo da súa nai, que se suicidou cando ela tiña tan só sete anos. As imaxes das películas domésticas gravadas en 16 mm descubríronlle á directora a idea dunha nai que non coñeceu. A historia entrelaza a lectura de cartas e diarios da nai e os rexistros médicos dos centros de repouso onde pasaba longas tempadas. A través destes textos reconstruíu certos períodos da súa vida: a adolescencia, o amor, os fillos, a enfermidade e o malestar existencial.
- Título orixinal: Un'ora sola ti vorrei
- Ano: 2002
- Duración: 55 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Alina Marazzi
- Guión: Luisa Marazzi Hoepli
- Elenco: Luisa Marazzi Hoepli e Alina Marazzi
- Son: Remo Ugolinelli e Alessandro Feletti
- Produtora: Gianfilippo Pedote, Giuseppe Piccioni, Francesco Virga