Vaca mugiendo entre ruinas
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VO
Vaca mugiendo entre ruinas
- Cineuropa 2024
- Estrea
- DCP2K
- +7
O 24 de agosto do 1937, o Consello Interprovincial de Asturias e León, máxima autoridade republicana, constitúe en “Consello soberano de goberno de todo o territorio da súa xurisdición, e a el quedan integramente sometidas todas as xurisdicións e organismos civís e militares que funcionan e funcionen no sucesivo dentro do referido territorio”.
Vaca mugiendo entre ruinas achégase a este momento da historia contemporánea de Asturias, a través da testemuña do seu principal responsable, Belarmino Tomás, último presidente lexítimo de Asturias antes do triunfo do fascismo, e dunha colección de "evidencias" (fotografías, debuxos, pinturas, textos xornalísticos...), desde uns meses antes de que se produza a declaración ata a derrota, caída e evacuación de Xixón, o 20 de outubro de 1937.
- Título orixinal: Vaca mugiendo entre ruinas
- Ano: 2020
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Ramón Lluís Bande
- Guión: Ramón Lluís Bande, Vera Robert
- Participación: Nacho Vegas (voz)
- Montaxe: Ramón Lluís Bande, Dani Álvarez
- Son: Oscar de Ávila, Diego S. Staub
- Fotografía: Juan A. García
- Produtora: De La Piedra Producciones