Van Gogh, ás portas da eternidade
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
Van Gogh, ás portas da eternidade
- Estrea
- DCP2K
- +12
1886, Arlés. O pintor holandés post-impresionista, Vincent van Gogh (Willem Dafoe), foxe do balbordo de París e agóchase nun pequeno pobo de Francia. Alí ha ser tratado amabelmente por algúns e brutalmente por outros. Madame Ginoux (Emmanuelle Seigner), a propietaria do restaurante do pobo, apiádase da súa pobreza e agasállalle un libro de contabilidade, que Vincent enche de debuxos. Pero os seus continuos cambios de humor fan que varios veciños lle teñan medo. O seu mellor amigo Paul Gaugain (Oscar Isaac) adórao, pero acaba fuxindo do seu carón debido á abrumadora personalidade de Vincent, e o seu irmán e comerciante de arte Theo (Rupert Friend) apóiao incondicionalmente, pero non logra vender nin unha soa das pinturas do artista. Nesta tumultuosa época, Vincent pinta as obras mestras espectaculares que son recoñecíbeis en todo o mundo hoxe en día.
- Título orixinal: At Eternity's Gate
- Ano: 2018
- Duración: 108 minutos
- Idioma orixinal: Inglés, francés
- Dirección: Julian Schnabel
- Guión: Jean-Claude Carrière, Julian Schnabel, Louise Kugelberg
- Elenco: Willem Dafoe, Rupert Friend, Oscar Isaac, Mads Mikkelsen, Mathieu Amalric, Emmanuelle Seigner, Niels Arestrup, Anne Consigny, Amira Casar, Vincent Pérez, Lolita Chammah, Stella Schnabel
- Montaxe: Louise Kugelberg, Julian Schnabel
- Dirección de arte: Loïc Chavanon
- Vestiario: Karen Muller Serreau
- Son: Jean-Paul Mugel
- Música: Tatiana Lisovkaia
- Fotografía: Benoît Delhomme
- Produtora: Iconoclast, Riverstone Pictures, SPK Pictures, Rocket Science, Rahway Road Productions (Reino Unido - Francia - EEUU)
- Distribuidora: Diamond Films