Véronique Doisneau

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSG

Véronique Doisneau

  • Estrea
  • DCP2K

Convidado a facer unha peza para o ballet da Ópera de París pola súa directora Brigitte Lefèvre, Jérôme Bel quería representar unha caste de documental teatral sobre a obra dunha das bailarinas do ballet: Véronique Doisneau. A bailarina, próxima á idade de xubilación, soa no escenario, retrospectivamente e subxectivamente considera a súa propia carreira como bailarina dentro desta institución. A película foi filmada durante a última presentación da peza no escenario do Palais Garnier.

A sesión terá lugar o domingo 31 de xaneiro ás 18:15 e está organizada por Escenas do Cambio, Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción. A entrada é de balde até completar aforo. Será preciso retirar invitación no Museo Centro Gaiás desde o 28 de xaneiro. Máximo dúas entradas por persoa. Horario do Museo Central Gaiás: de martes a domingo, de 10:00 a 20:00.

  • Título orixinal: Véronique Doisneau
  • Ano: 2004
  • Duración: 33 minutos
  • Dirección: Jérôme Bel, Pierre Dupouey
  • Guión: Jérôme Bel
  • Participación: Véronique Doisneau, Céline Talon, bailaríns do Ballet da Ópera Nacional de París
  • Música: Piotr Illyitch Tchaïkovski, Adolphe Adam
  • Produtora: Opéra national de Paris, Telmondis (Francia)