Vía Versus

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VO
Pase único 10 de xulo

Vía Versus

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP

Vía Versus é unha peza audiovisual feita de dous poemas ou dous poemas filmados que buscan facer aparecer dous lugares moi concretos, o Nordeste arxentino e Ourense, a partir da fala e as historias dalgunhas persoas que neles habitan e onde se atopan e desatopan cunha orixe e pertenza difíciles de delimitar. Tamén e sobre todo foi unha viaxe a un territorio descoñecido e un desprazamento do medio do que viñan a cineasta arxentina Clarisa Navas e a poeta española María Salgado, en equipo con Lucas Olivares, Marta F. Salgado, Luis Molina, Marta Orozco e Chus Pérez Limia.  

A peza foi filmada entre o nordeste arxentino —Formosa e Correntes— e Galicia —Pousada e Verín—. A partir destes territorios concretos e das linguas, historias e formas de vida de quen os habita, a obra indaga naquilo que permanece oculto ou silenciado por procesos históricos de represión e esquecemento. Dous poemas escritos por Salgado acompañan o filme como voces sonoras e como textos impresos dispoñibles para o público, articulando un diálogo entre palabra, imaxe e territorio. Máis sensorial que discursiva, a película constrúese como unha viaxe compartida no que ambas as artistas desprázanse desde as súas linguaxes e lugares de orixe cara a un espazo común aínda por definir. Este proceso de apertura colectiva, vivido xunto ao equipo de traballo, dá lugar a unha obra de sentido aberto, que se expande máis aló da proxección e desprégase en distintas formas de experiencia. 

A sesión irá seguida dun encontro na libraría coas poetas María Salgado e Luz Pichel.

  • Título orixinal: Vía Versus
  • Ano: 2024
  • Duración: 38 minutos
  • Idioma orixinal: Galego e español
  • Dirección: María Salgado, Clarisa Navas
  • Elenco: Via: Luis Molina, Clarisa Navas, Matías Tayara, León Recalde, Chilo Ruiz, Cecilia Arce (voz) y Felisa La Fuente (voz) Versus: María Salgado, Chus Pérez Limia, Marta Fernández Salgado, Joaquín Pérez Cervino, Lara González Pérez, Danel Luque Colmenero, Aidan Carretero Espasandin, Iago González Pérez, David Pérez Colmenero, Lier Valle Pérez, participantes del
  • Montaxe: Mauro Bonoto, Lucas Olivares, Clarisa Navas, María Salgado y Marta Fernández Salgado
  • Son: Fran Villalba
  • Fotografía: Lucas Olivares
  • Produtora: Lucas Olivares, Marta Orozco, Marta Fernández Salgado y Chus Pérez Limia