Visións

  • Estrea
  • VO

Visións

Visións é unha película colaborativa que consta de dez curtametraxes realizadas por cineastas da provincia de Pontevedra. Un traballo en cuxo proceso creativo se trazaron lazos e sinerxias entre as creadoras. Dez olladas xenuínas onde cinema e arte se funden nun filme íntimo e poliédrico. Baixo a coordinación de Xisela Franco as autoras das curtametraxes son: Carla Andrade, Lara Bacelo, Eva Calvar, Claudia Brenlla, Sonia Méndez, Carme Nogueira, Bego Santiago, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Andrea Zapata-Girau

  • Título orixinal: Visións
  • Ano: 2016
  • Duración: 70 minutos
  • Dirección: Xisela Franco
  • Produtora: Beli Martínez (Galicia)