Vitalina Varela
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VOSG
Vitalina Varela
- Estrea
- DCP2K
- +7
Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, a veciñanza desconfía. Pasa apesarada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida secreta, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.
Filme subtitulado ao galego co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Título orixinal: Vitalina Varela
- Ano: 2019
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Crioulo caboverdiano
- Dirección: Pedro Costa
- Guión: Pedro Costa, Vitalina Varela
- Elenco: Vitalina Varela, Ventura, Manuel Tavares Almeida, Francisco BritoImídio Monteiro, Marina Alves Domingues
- Montaxe: João Dias, Vítor Carvalho
- Son: João Gazua
- Fotografía: Leonardo Simões
- Produtora: OPTEC Sociedade Óptica Técnica
- Distribuidora: NUMAX Distribución
Locarno 2019 (Leopardo de Ouro - Mellor filme, mellor actriz —Varela—), Xixón 2019 (Mellor filme, Mellor fotografía), Mar del Plata 2019 (Mellor director —ex aequo — e actor —Ventura —), Chicago 2019 (Premio do Xurado mellor filme)