Whitney

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

Whitney

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Whitney Houston rompeu máis récords na industria musical que ningunha outra cantante na historia. Con máis de 200 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo, foi a única artista en conseguir sete números 1 consecutivos nos Estados Unidos. Protagonizou varios filmes comerciais antes de que a súa brillante carreira dese paso a comportamentos erráticos, escándalos e a súa morte repentina aos 48 anos. Whitney é un retrato auténtico, íntimo e honesto da artista e a súa familia, que sondea alén de titulares sensacionalistas e bota luz á fascinante traxectoria da vida de Houston. Usando material de arquivo inédito, gravacións exclusivas, actuacións insólitas, arquivos de audio e entrevistas orixinais coas persoas que mellor a coñeceron, o gañador do Oscar Kevin Macdonald desentraña o misterio detrás de The Voice, que emocionou a millóns de persoas e loitou por facer as paces co seu problemático pasado.

  • Título orixinal: Whitney
  • Ano: 2018
  • Duración: 120 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Kevin Macdonald
  • Guión: Kevin Macdonald
  • Participación: Whitney Houston, Bobbi Kristina Brown, Cissy Houston, Robyn Crawford, Clive Davis, Gary Houston, L.A. Reid, Alan Jacobs
  • Montaxe: Sam Rice-Edwards
  • Son: Glenn Freemantle
  • Música: Adam Wiltzie
  • Fotografía: Nelson Hume
  • Produtora: Lightbox (Reino Unido)
  • Distribuidora: Vértigo Films
Cannes 2018 (Sección oficial)