Wild River / Río Salvaxe
- Repertorio
- VOSE
-
- VOSE
Wild River / Río Salvaxe
- Cineuropa 2024
- Repertorio
América, anos trinta. Chuck Glover é un funcionario do Goberno do val do Tennessee, encargado de expropiar as terras da ribeira do río, xa que os seus habitantes sofren a miúdo os seus devastadores desbordamentos. Amais de evitar catástrofes, preténdese construír unha central hidroeléctrica que garanta o progreso da rexión. Pero ese proxecto esixe a demolición das vivendas dunha pequena poboación e a evacuación dos seus habitantes. E o caso máis difícil de resolver é o dunha muller de 80 anos que se resiste con todas as súas forzas a abandonar o fogar dos seus devanceiros. Mentres Chuck intenta convencer a anciá, vaise namorando da súa neta, a fermosa Carol
- Título orixinal: Wild River
- Ano: 1960
- Duración: 110 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Elia Kazan
- Guión: Paul Osborn. Baseado nas novelas de Borden Deal e William Bradford Huie
- Elenco: Montgomery Clift, Lee Remick, Jo Van Fleet
- Montaxe: William H. Reynolds
- Fotografía: Ellsworth Fredricks
- Produtora: Elia Kazan