Wildlife

  • DCP2K
  • +12
  • VOSE
  • Pase único
    • Sesión gratuita

Máis sesións

Wildlife

Estado de Montana, anos 60, Joe, un rapaz de 14 anos e único fillo de Jeanette e Jerry, unha ama de casa e un xogador profesional de golf, é testemuña de como o matrimonio dos seus pais se derruba. Preto de onde viven desátase un incendio forestal incontrolado que provoca que Jerry, sen traballo e sen propósito de vida algún,  se una a combater o lume deixando a familia a súa sorte. Joe terá que facerse adulto antes de tempo. Historia baseada na novela de Richard Ford.

Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites na billeteira a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).

  • Título orixinal: Wildlife
  • Ano: 2018
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Paul Dano
  • Guión: Paul Dano, Zoe Kazan (Novela: Richard Ford)
  • Elenco: Jake Gyllenhaal, Carey Mulligan, Ed Oxenbould, Bill Camp, Zoe Margaret Colletti, Travis W Bruyer, JR Hatchett, Russell Herrera Jr., Marshall Virden, Shane D. Davidson
  • Montaxe: Louise Ford, Matthew Hannam
  • Dirección de arte: Miles K. Michael
  • Vestiario: Amanda Ford
  • Son: Carlie Bergman
  • Música: David Lang
  • Fotografía: Diego García
  • Produtora: June Pictures, Nine Stories Productions
  • Distribuidora: IFC Films
Cannes 2018 (Semana da crítica. Filme de apertura), Sundance 2018 (Sección oficial). Gijón 2018 (Sección oficial), TIFF 2018 (Sección oficial), Independent Spirit 2018 (Nominada a Ópera prima, fotografía e actriz)