Yrupẽ
- Estrea
- DCP2K
- Todos os públicos
- VO
Yrupẽ
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- Todos os públicos
A procura da flor de Irupé, película perdida de Guillermo Fernández-Zúñiga, pioneiro español do cine científico, dá inicio a unha viaxe a través de historias familiares e arquivos nacionais. A medida que o yrupé medra lentamente, emerxen capas de imaxes e silencios. O xurado do Premio Latexos do Festival Novos Cinemas, entre o que se atopa NUMAX, describiu a obra como un "exercicio sensible de reconstrución da memoria".
O pase contará con presenza da directora, Candela Sotos, e inclúese na xira de difusión do Premio Latexos edición 10 (Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra).
- Título orixinal: Yrupẽ
- Ano: 2025
- Duración: 79 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Candela Sotos
- Guión: Candela Sotos
- Elenco: Documental
- Montaxe: Juan Carrano, Caterina Monzani
- Son: Dídio Pestana, Cora Delgado, Candela Sotos, Mercedes Dansey, Raúl Díaz
- Música: Dídio Pestana, Mercedes Dansey
- Fotografía: Candela Sotos
- Produtora: Catarina Boieiro
- Distribuidora: Candela Sotos
Seminci 2025 (Nomeada a Gran Premio Tiempo de Historia); Novos Cinemas 2025 (Mellor filme - Sección Latexos)