Zibila e o poder das raias

  • Estrea
  • DCP2K
  • +3
  • VE

Zibila e o poder das raias

Zibila é unha cebra adoptada por unha familia de cabalos. No seu primeiro día de escola, os seus compañeiros trátana diferente e rin dela por ter raias, pero grazas a unha gran aventura co seu amigo Carino recuperará a confianza.

Zibila ensinaranos o poder das raias, o valor da diferenza e o respecto pola propia natureza na compaña dunha escolma de curtametraxes sobre a riqueza da diversidade: Nas alturas (Tout-là haut, 2019), protagonizada por unha xirafa que ten dificultades para facer amizades; O fondant de chocolate (Coeur fondant, 2019), no que unha ratiña terá que descubrir o enorme segredo do bosque para chegar a tempo a unha festa de aniversario e O crocodilo non me dá medo (2019), cun protagonista que defenderá a súa natureza máis salvaxe.

  • Título orixinal: Zibilla ou la vie zébrée
  • Ano: 2019
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Isabelle Favez
  • Guión: Pierre-Luc Granjon, David Bredel
  • Música: Pierre-Luc Granjon, David Bredel
  • Fotografía: Animación
  • Distribuidora: Rita & Luca Films