Zimmerwald

  • DCP2K
  • VOSE

Zimmerwald

Primeira Guerra Mundial. Cando Lenin e Trotsky se reuniron na remota aldea suíza de Zimmerwald, non foi, como fixeron crer, para observar paxaros. A conferencia secreta foi un chamamento á alianza dos traballadores do mundo enteiro en contra da guerra. A conferencia converteuse nun mito na Unión Soviética, pero foi deliberadamente esquecida pola vila onde tivo lugar. Agora, máis de cen anos despois, un grupo de alumnos do instituto de Zimmerwald proponse redescubrila, guiándonos así, polos meandros do esquecemento e a memoria dos que está feita a Historia.

O filme contará con presentación e coloquio da súa directora, Valeria Stucki, na xira de exhibición do Premio Latexos do Festival Novos Cinemas de Pontevedra outorgado por un xurado no que participa NUMAX xunto a outras salas independentes do Estado: Cineciutat, Zumzeig, Dúplex e Círculo de Bellas Artes.

  • Título orixinal: Zimmerwald
  • Ano: 2023
  • Duración: 66 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Valeria Stucki
  • Guión: Valeria Stucki
  • Fotografía: Silvan Hillmann
  • Produtora: Lomotion AG
Novos Cinemas 2023 (Premio Latexos)