Zinzindurrunkarratz

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Estrea 7 de abril | Coloquio co director

Zinzindurrunkarratz

Un camiño esquecido, unha cámara vella e un burro chamado Paolo. Estes tres elementos conforman Zinzindurrunkarratz, percorrido poético por unha memoria doutro tempo do que só quedan anacos. Oskar Alegría volve aos carreiros polos que camiñaron os seus avós, nas montañas de Artazu, en Navarra, para rexistrar os ecos dun mundo que xa non existe. A partir de imaxes mudas e sons cegos, o filme, construído a modo de diario e cuxo título fai referencia á pronunciación onomatopeica en euskera dunha brisa lixeira (zinzin), unha pedra que cae (durrundurrun) e un cumio golpeado por un raio (kurruzkarratz), tende pontes coa filmografía de Jonas Mekas e revela unha personalidade única capaz de lembrar ao espectador que aínda queda moito por descubrir no cine.

  • Título orixinal: Zinzindurrunkarratz
  • Ano: 2023
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Oskar Alegría
  • Guión: Oskar Alegría
  • Fotografía: Oskar Alegría
  • Distribuidora: Oskar Alegría