Marshall McLuhan. A galaxia Gutenberg. A creación do home tipográfico
De que falamos hoxe, trinta anos despois do seu prematuro pasamento en 1980, cando tratamos os eidos polos que transitou Marshall McLuhan? Falamos, por exemplo, da sociedade da información e da comunicación, que é a nosa; dunha galaxia distinta da que McLuhan consagrou en The Gutenberg Galaxy (1962): a galaxia internet. Pero, así mesmo, pescudamos as novas posibilidades da emerxente web 2.0, que está cambiando o mundo e instaurando definitivamente o que se ten denominado «a alquimia das multitudes», consistente no protagonismo máximo dos chamados webactors. Nos tres decenios que nos separan da biografía de McLuhan sucederon acontecementos transcendentais para a historia da humanidade vista, precisamente, desde a perspectiva que el fixera súa. McLuhan menciona xa o ordenador como un instrumento máis de fixación electrónica da información, pero, se cabe, máis interesante resulta aínda a súa pegada profética e a súa dimensión visionaria, que constitúen sen dúbida unha das marcas da súa orixinal personalidade.
- Editorial: USC |
- Ano: 2010 |
- Páxinas: 506 |
- Dimensións: 150x240 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9887-537-9 |