A vitoria do perdedor
Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade ?en forma dunha represión que non cesa? axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir.
Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.

- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 240 |
- Dimensións: 145x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9914-398-9 |