WILY - Antonio Taboada Ferradás

Unha técnica salvaxe acompaña a exposición homónima de Antonio Taboada Ferradás “Wily” (1962-2006), celebrada no Museo Municipal de Lalín no verán de 2016 e comisariada por Ángel Calvo Ulloa. O material incluído neste libro pertence na súa maioría ao arquivo persoal do artista, que foi revisado e seleccionado por Misha Bies Golas con esta finalidade. Os textos incluídos foron realizados de xeito específico por Xosé Lois Gutiérrez Faílde, Lauren Moya Ford, Antón Lamazares e polo comisario da mostra.

As obras contidas na exposición e no libro abranguen case a totalidade da súa traxectoria artística, dende mediados da década dos oitenta ata o ano 2006. A selección pretende ofrecer, dez anos despois do seu pasamento, unha visión panorámica do que foron esas máis de dúas décadas de traballo ininterrompido.
  • Editorial: Concello de Lalín |
  • Ano: 2016 |
  • Idioma: Galego |