Corpo-circuítos
A Idade Moderna caracterízase polo dominio que nela exerce o suxeito como posibilidade exclusiva de acceso ao mundo. Só existe aquilo no que el pode pensar. O suxeito acada ¿definitivamente? o estatuto de principio e límite transcendental. Neste libro, Abraham Rubín analiza, interpreta e desentraña o mecanismo aparentemente inevitable no que se orixina ese efecto de dominación. Corpos que, como máquinas de subxectivación, imprimen a súa pegada encol da superficie de inscrición chamada capitalismo. A subxectividade como produción.
Materia prima, moeda de cambio e de crédito, a subxectivación tamén é alicerce dun réxime de traballo inmaterial e emocional, dunha economía que se constitúe como legalidade única das disposicións e equipamentos colectivos e acaba por dar forma ao desexo como consumo, ao futuro como débeda. Fronte a ese suxeito endebedado xorde a subxectivación do común: a diferenza, o desaxuste, a posibilidade imposible do compartido. Corpo-circuítos que non buscan destruír o dado senón resignificalo ou impulsalo cara a outra dirección. Subxectividades, en ningún caso suxeitos, que se poderían facer cargo dunha comunidade en vías de constitución.

- Editorial: Euseino? |
- Ano: 2016 |
- Páxinas: 278 |
- Dimensións: 135x185 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-945621-0-5 |