Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Huysmans, Joris-Karl

A contrafío

A contrafío (1884) é unha das obras máis orixinais do seu tempo e ocupa un lugar senlleiro na Historia da Literatura. Considerada a biblia do decadentismo, constitúe a crónica do movemento de renovación estética acontecido a finais do século XIX, non só en Francia senón na maioría de países europeos e americanos. No momento da súa publicación, a novela suscitou vivas críticas nos ambientes literarios ortodoxos e conformistas, así como exaltación e entusiasmo por parte da mocidade inconformista e rebelde. Non se trata dunha novela de intriga tradicional, pois J.-K. Huysmans, no seu desexo de innovar, concentra o interese na análise psicolóxica do personaxe central e único, o duque Jean des Esseintes, quen, farto da vida social parisiense, en plena decadencia familiar e persoal, decide illarse nunha mansión rural para dedicarse á contemplación e a se deleitar coa arte.

Des Esseintes converteuse nun mito literario, esteticamente sutil e refinado, neurótico, lúcido, rebelde, radical e soñador; mantén unha postura de brutal oposición á mediocridade, á superficialidade e ao conformismo co herdado, outorgándolles á arte e á fantasía un papel destacado. A condición de novela total da obra fai da lectura unha experiencia única, pois por calquera lugar polo que se abra, atópanse reflexións, delirios, sátira, humor negro, ataques ao gusto das multitudes ou desaforados alardes de cinismo.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-944422-9-2 |