Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De Toro, Suso

Tic Tac

Xa van dez anos dende que se publicara ?Tic-Tac? por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos?perturbadora?, ?patética? e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto ?Autopsia. (Epílogo á inglesa)?, preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo.
?Tic-Tac? é unh ?grande puzle?, como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (?) ?Tic-Tac? é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a ?Realidade?, senón unha ?realidade?: a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 320 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9782-002-8 |