Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

TONI UNGERER

Emilio

O capitán Samofar, famoso mergullador, paseaba tranquilamente polo fondo do mar cando apareceu un feroz tiburón.
O tiburón atacou o capitán Samofar, mais un valente polbo, chamado Emilio, salvouno meténdolle ao peixe unha rocha
na boca.Despois Emilio subiu o mergullador ata a superficie?
?Emilio? é un clásico de 1960 que narra as aventuras dun valente
e nobre pulpo. Á súa proeza salvando un mergullador do ataque
dun tiburón, seguíronlle outras fazañas como socorrista
e unha brillante colaboración cos axentes da orde para capturar
uns perigosos delincuentes. Despois da boa ?Críctor? (1958)
e da canguro ?Adelaida? (1959), Tomi Ungerer volve escoller
un animal pouco convencional para protagonizar unha historia
heroica, aberta ao humor e á imaxinación. Curiosamente,
dende 1990, Tomi Ungerer é presidente de honra a nivel europeo
da Sociedade para a Prevención do Maltrato Animal.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 40 |
  • Dimensións: 200x280 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: SENRA GÓMEZ, SANDRA |
  • ISBN: 978-84-8464-247-3 |