Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pena Sánchez, Xosé Ramón

Historia da Literatura Galega III

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume ?Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)? e polo segundo ?Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)?, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 ?data da fundación das Irmandades da Fala? e xullo de 1936 ?momento en que deu inicio a Guerra Civil española?. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso ?a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro? non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante ?en interacción continua? da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 520 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-107-5 |