Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Reixa, Antón

Viva Galicia Beibe

Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais de ensaio e das suores dos escenarios. Cancións publicadas aquí como textos literarios, o que lonxe de pedantería ningunha obedece á convicción de que, por moito que a industria musical o trate de obviar, as letras das cancións non son indiferentes nin neutrais respecto á difusión da música popular en todas as épocas.
Unha edición que Antón Reixa dedica a todos os músicos cos que colaborou ao longo destas máis de tres décadas e aos espontáneos portadores dunha entusiasta pancarta aparecida nun concerto de Os Resentidos en Madrid e que dicía coa contundencia da pintura en spray: Galicia Beibe
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 312 |
  • Dimensións: 150x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-119-8 |