Conciencia de Galicia
Conciencia de Galicia é unha colección da Editorial Galaxia que naceu para dar a coñecer as figuras representativas da cultura galega. Nela colaboraron membros da Xeración Nós e autores como Ramón Piñeiro ou Domingo García-Sabell. Carlos Casares continuou e profundou este labor con tres biografías hoxe imprescindibles: Vicente Risco, Curros Enríquez e Otero Pedrayo. Agora, por primeira vez, aperecen reunidas nun único volume.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 424 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-673-2 |